jueves, 17 de junio de 2010

Coñecemos sudáfrica: O apartheid

POEMA DE UXÍO NOVONEYRA

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que e un home.


Augas brancas das Rogueira!
Bouzas pecha d´uces e xestas!
Abrairas teixos falas xardois e reboleiras!

Outo bosco calado!
Fontiñas do corzo!
Carrozos picafondo!

Non hai outro templo mais vasto,
Nin outro credo que este e silencio.



UXÍO NOVONEYRA

miércoles, 16 de junio de 2010

Uxío Novoneyra

O poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, no pobo da Parada da Moreda na Serra do Courel, dentro dunha familia labrega, o escritor pasa case toda a súa vida en Galicia.
Uxío foi a estudiar a Lugo onde coñece a Manuel María, e tamén tivo trato con Ramón Piñeiro.
Con case 20 anos o autor trasladase a Madrid para onde se matriculou en Filosofía e Letras.
En 1951 Uxío volve a O Courel para facer o servicio militar. Entre o ano 1953 e o 1962 vive no Courel por unha enfermidade que estivo as beiras da morte
No ano 1962 e no 1966 volve a Madrid para traballar na televisión e na radio.
No 1973 coñece a Alba e casa con ela coa que ten tres fillos que viven en Lugo. Definitivamente Uxío trasladase a Santiago de Compostela (1983).
No 1955 publicou o libro Os Eidos dedicado a Ramón Piñeiro, logo séguelle o libro de Elegías do Courel, e outros poemas, tamén en sección bilingüe, e poemas caligráficos. En muller para lonxe reúne poemas de amor xa publicados.
Elixen ao poeta presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo que ocupa ata o día do seu falecemento no 1999.